Termos e condicións.

1. Información xeral

cinfo, Contenidos Informativos Personalizados, S.L., é o propietario do dominio e da páxina web www.tiivii.gal

A compañía está rexistrada no Rexistro Mercantil da Coruña, no libro 2408, sección 6, folio 166, folla C-25677, con razón social No. B-15.757.941. O domicilio social en Edificio CSA, 1ª planta, Cidade das TIC Avenida de Pedralonga, 32 15009 A Coruña. A súa dirección de correo electrónico é dpd@cinfo.es

O propósito de tiivii.gal (páxina web e apps para dispositivos móbiles e todo tipo de Smart TVs) é ofrecer ao público vídeos de diferentes modalidades deportivas sobre os que conta coas autorizacións pertinentes por parte dos clubes.

cinfo resérvase o dereito a modificar a información que aparece na web en calquera momento e sen previa notificación.

cinfo non acepta responsabilidades polas consecuencia ou danos causados polo acceso a esta web, polo uso da información aquí contida ou desde o acceso a outro material de internet a través de enlaces aquí contidos.

As seguintes condicións xenerais regulan o uso do sitio web www.tiivii.gal propiedade de cinfo. O uso desta publicación dixital e o seu contido están suxeitos aos termos e condicións de uso. O acceso ou a utilización destes servizos e contidos expresa a total e incondicional aceptación dos termos e condicións de uso da web de cinfo no momento en que se produza dito acceso ou utilización.

2. Uso da web

O usuario comprométese a utilizar tanto as apps como o sitio web, os seus servizos e o contido sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os termos de uso xeneralmente aceptados e o orde público. O uso do sitio web para fins ilícitos ou prexudiciais para cinfo ou calquera terceiro, ou que poida causar danos ou impedir o funcionamento normal do mesmo, está estritamente prohibido.

Todos os contidos (información, textos, gráficos, imaxes, fotografías, deseños, logotipos, etc.) publicados por cinfo nas apps e na web de tiivi.gal poden ser vistos, copiados, impresos e distribuidos por calquera persoa, sempre que dito contido se utilice exclusivamente con fins informativos mencionando sempre de forma clara a procedencia do contido de www.tiivii.gal;

O seu uso con fins comerciais está estrictamente prohibido.

Ningún dos contidos relacionados nas apps ou na web pode ser modificado de ninguna forma.

O tratamento dos datos persoais do usuario rexirase polas disposicións da política de privacidade de cinfo.

3. Propiedade intelectual

Advertimoslle que CINFO é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da páxina web, así como de todos os seus elementos (a título enunciativo: imaxes, son, audio, video, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.). Así, o Responsable ostenta todos os dereitos relacionados con imaxes, artigos, enlaces, etc. que se atopen neste sitio web ou ten unha autorización do titular das mesmas. Ningún usuario poderá facer uso daqueles sen unha autorización previa por parte do Responsable.

A páxina web de tiivii.gal contén textos que pretenden informar aos seus usuarios. Calquera erro ou omisión no contido xerado non fará responsable en ningún caso a CINFO. Calquera erro ou omisión no contido xerado non fará responsable en ningún caso ao Responsable.

O Responsable non responde por aqueles contidos aos que os seus usuarios teñan acceso a través de enlaces de terceiros que contén a súa páxina web. O uso destes enlaces de terceiros non implicará que o Responsable aprobase os contidos das páxinas externas. Á súa vez, infórmase que o Responsable ten o consentimento para utilizar as marcas de terceiros que aparecen na páxina web.

Entenderase que o Responsable é o titular exclusivo de calquera marca ou distintivo obxecto de propiedade intelectual que apareza na web ou, no seu caso, que ten unha autorización do titular de aquelas que está limitada só ao seu uso na web e que, por tanto, este non pode ceder a ningún usuario sen autorización previa do seu titular.

AVISO:

NON PODERÁN COPIARSE, REPRODUCIRSE, FIJAR EN SOPORTE OU COMERCIALIZARSE EN MODO ALGUNO AS IMÁXENES PUBLICADAS NA NOSA WEB SEN AUTORIZACIÓN EXPRESA E ESCRITA DE CINFO.

4. Excepcións de responsabilidade

Os usuarios acceden e utilizan o sitio web baixo a súa exclusiva e total responsabilidade. Cinfo non garante nin acepta ningunha responsabilidade por danos de calquera natureza debido ás seguintes circunstancias:

  1. Falta de continuidade no funcionamento do sitio web, ou o funcionamento defectuoso das diferentes páxinas.
  2. Falta de utilidade, adecuación ou validez dos servizos e contidos ofrecidos no sitio web en relación cos resultados e expectativas do usuario.
  3. A existencia de virus informáticos que poden danar o equipamento do usuario (hardware e software) debido á navegación neste sitio web.
5. Acceso aos contidos
  1. Acceso gratuíto: A plataforma tiivii.gal permite o acceso gratuíto ao seu contido, suxeito á creación dunha conta de usuario. Todos os usuarios rexistrados poden gozar dunha ampla variedade de contidos de forma gratuíta.
  2. Contidos de pago: Ademais do acceso gratuíto á maioría dos contidos, tiivii.gal ofrece certas seccións ou eventos que requiren un pago para o seu acceso. Estes contidos son propiedade dos clubes e son os propios clubes os que deciden que dito contido sexa de pago, así como os prezos a cobrar polos partidos. Neste tipo de eventos, o importe cobrado polo acceso aos mesmos vai integramente parar aos clubes. Os usuarios serán informados de maneira clara e visible no momento de intentar acceder a ditos contidos de pago.
  3. Métodos de pago: Os usuarios que desexen acceder aos contidos de pago deberán proporcionar a información necesaria para completar a transacción, utilizando os métodos de pago dispoñibles na plataforma.
  4. Política de Reembolsos: No caso de que un usuario non estea satisfeito cun servizo de pago, establécese a seguinte política de reembolsos:
    • Condicións de reembolso: En tiivii.gal, comprometémonos a ofrecer aos nosos usuarios unha experiencia satisfactoria. No caso de que xurdan problemas co contido debido a fallos na plataforma, que impidan a súa correcta visualización, procederemos ao reembolso da cantidade cobrada polo acceso a dito contido.
    • Exclusións de reembolso: Non obstante, se os problemas co contido son causados por factores alleos á plataforma, como interrupcións no acceso debido a conexións de rede ou electricidade do usuario ou cambios nas preferencias do contido, non se realizará ningún reembolso. Tamén se exclúen erros no seguimento do xogo.
    • Proceso de solicitude de reembolso: Para solicitar un reembolso, o usuario deberá enviar un correo electrónico a deportegalego@cinfo.es nun prazo de 2 días dende a data da compra, proporcionando detalles sobre o problema atopado.
    • Avaliación das solicitudes: Todas as solicitudes de reembolso serán avaliadas e informarase ao usuario sobre a decisión tomada nun prazo máximo de 72 horas laborais.
  5. Modificacións e cambios: tiivii.gal resérvase o dereito de modificar a dispoñibilidade dos contidos, tanto gratuítos como de pago, así como as tarifas aplicables, previa notificación aos usuarios.