A televisión do deporte galego conta xa con 30 recintos instalados

  • Cinfo asinou un acordo coa Real Federación de fútbol de Galicia e con múltiples clubes doutros deportes que queren sumarse á televisión do deporte de Galicia
  • Dende o lanzamiento oficial da televisión do deporte galego a primeiros de xuño, 30 recintos xa foron instalados e están operativos para comezar coas emisións
  • Cinfo continuará co plan de instalacións durante todo o verán para que ao comezo das ligas, os 120 campos incluídos na primeira fase estean operativos
 

A televisión do deporte galego xa está en marcha. Xa remataron 30 instalacións ao longo de toda Galicia. Desa forma, no primeiro mes dende a sinatura do acordo coa Real Federación Galega de fútbol e o lanzamento oficial da televisión do deporte galego, unha cuarta parte dos recintos incluídos para a primeira fase xa están preparados para comezar as emisións.

Nesas instalacións rematadas xóganse todo tipo de deportes; fútbol, fútbol sala, balonmán, baloncesto voleibol, hóckey patíns, …. Así, calquera afecionado de calquera deporte, poderá ver os campeonatos e partidos dos seus clubes preferidos a través da televisión do deporte galego

Mais novas