comienzo-pruebas-internas-deporte-gallego

A plataforma do deporte galego comeza as súas emisións de proba

A televisión do deporte galego segue dando pasos para o seu lanzamento. Os equipos retoman a súa actividade e con iso, a posibilidade de realizar os primeiros partidos de proba para calibrar a Intelixencia Artificial en cada campo.

Cada campo ten as súas peculiaridades (tamaño, distancia desde a bancada, luminosidade, #etc) e co fin de ofrecer as mellores retransmisións, é necesario facer algunha emisión de proba.

Iso é o que empezamos a facer os pasados días 6, 7 e 8 de Setembro. Empezamos xa as primeiras emisións de proba en Lalín, Redondela, Arzúa, Pontedeume, Arteixo, Ribeira, Santa Comba, A Cañiza, Ribadeo, Mugardos, …

Todos os partidos emitíronse tamén na plataforma para verificar que a integración entre a produción automática e a plataforma de emisión funciona con moi bo resultado polo que estamos moi ilusionados coa marcha do proxecto.

Grazas a todos os concellos e equipos pola súa colaboración, apoio e interese no proxecto e esperamos empezar en breve probas con clubs e afeccionados para terminar de puír todos os detalles.

Mais novas