Termos e condicións.

1. Información xeral
cinfo, Contidos Informativos Especializados, S.L., é o propietario do dominio e da páxina web www.tiivii.gal A compañía está rexistrada no Rexistro Mercantil da Coruña, no libro 2408, sección 6, folio 166, folla C-25677, con razón social No. B-15.757.941. O domicilio social en Edificio CSA, 1ª planta, Cidade das TIC Avenida de Pedralonga, 32 15009 A Coruña. A súa dirección de correo electrónico é dpd@cinfo.es O propósito de tiivii.gal (páxina web e apps para dispositivos móbiles e todo tipo de Smart TVs) é ofrecer ao público vídeos de diferentes modalidades deportivas sobre os que conta coas autorizacións pertinentes por parte dos clubes. cinfo resérvase o dereito a modificar a información que aparece na web en calquera momento e sen previa notificación. cinfo non acepta responsabilidades polas consecuencia ou danos causados polo acceso a esta web, polo uso da información aquí contida ou desde o acceso a outro material de internet a través de enlaces aquí contidos. As seguintes condicións xenerais regulan o uso do sitio web www.tiivii.gal propiedade de cinfo. O uso desta publicación dixital e o seu contido están suxeitos aos termos e condicións de uso. O acceso ou a utilización destes servizos e contidos expresa a total e incondicional aceptación dos termos e condicións de uso da web de cinfo no momento en que se produza dito acceso ou utilización.
2. Uso da web
O usuario comprométese a utilizar tanto as apps como o sitio web, os seus servizos e o contido sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os termos de uso xeneralmente aceptados e o orde público. O uso do sitio web para fins ilícitos ou prexudiciais para cinfo ou calquera terceiro, ou que poida causar danos ou impedir o funcionamento normal do mesmo, está estritamente prohibido. Todos os contidos (información, textos, gráficos, imaxes, fotografías, deseños, logotipos, etc.) publicados por cinfo nas apps e na web de tiivi.gal poden ser vistos, copiados, impresos e distribuidos por calquera persoa, sempre que dito contido se utilice exclusivamente con fins informativos mencionando sempre de forma clara a procedencia do contido de www.tiivii.gal; O seu uso con fins comerciais está estrictamente prohibido. Ningún dos contidos relacionados nas apps ou na web pode ser modificado de ninguna forma. O tratamento dos datos persoais do usuario rexirase polas disposicións da política de privacidade de cinfo.
3. Propiedade intelectual
Advirtemos que CINFO é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da páxina web, así como de todos os seus elementos (a título enunciativo: imaxes, son, audio, video, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.). Así, o Responsable ostenta todos os dereitos relacionados con imaxes, artigos, enlaces, etc. que se atopen neste sitio web ou ten unha autorización do titular das mesmas. Ningún usuario poderá facer uso daqueles sen unha autorización previa por parte do Responsable. A páxina web de tiivii.gal contén textos que pretenden informar aos seus usuarios. Calquera erro ou omisión no contido xerado non fará responsable en ningún caso a CINFO. Calquera erro ou omisión no contido xerado non fará responsable en ningún caso ao Responsable. O Responsable non responde por aqueles contidos aos que os seus usuarios teñan acceso a través de enlaces de terceiros que contén a súa páxina web. O uso destes enlaces de terceiros non implicará que o Responsable aprobase os contidos das páxinas externas. Á súa vez, infórmase que o Responsable ten o consentimento para utilizar as marcas de terceiros que aparecen na páxina web. Entenderase que o Responsable é o titular exclusivo de calquera marca ou distintivo obxecto de propiedade intelectual que apareza na web ou, no seu caso, que ten unha autorización do titular de aquelas que está limitada só ao seu uso na web e que, por tanto, este non pode ceder a ningún usuario sen autorización previa do seu titular. AVISO: NON PODERÁN COPIARSE, REPRODUCIRSE, FIJAR EN SOPORTE OU COMERCIALIZARSE EN MODO ALGUNO AS IMÁXENES PUBLICADAS NA NOSA WEB SEN AUTORIZACIÓN EXPRESA E ESCRITA DE CINFO.
4. Excepcións de responsabilidade
Os usuarios acceden e utilizan o sitio web baixo a súa exclusiva e total responsabilidade. Cinfo non garante nin acepta ningunha responsabilidade por danos de calquera natureza debido ás seguintes circunstancias:
  1. Falta de continuidade no funcionamento do sitio web, ou o funcionamento defectuoso das diferentes páxinas.
  2. Falta de utilidade, adecuación ou validez dos servizos e contidos ofrecidos no sitio web en relación cos resultados e expectativas do usuario.
  3. A existencia de virus informáticos que poden danar o equipamento do usuario (hardware e software) debido á navegación neste sitio web.