O mundo do deporte está a cambiar e a forma de consumilo tamén. Hoxe en día, os afeccionados xa non se conforman cunha simple retransmisión: queren flexibilidade, calidade e novas formas de interactuar co contido. En tiivii sports sabémolo e por iso creamos a plataforma de streaming máis avanzada para o deporte.
Nesta plataforma poderás ver todo o deporte local que non podes ver en ningún outro sitio.
Galicia, pioneira na emisión das principais ligas autonómicas
Grazas ao acordo coa Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e á colaboración de clubes de distintos deportes, Galicia foi a primeira comunidade autónoma en gozar de tiivii sports. Partidos de fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, voleibol ou hóckey de diferentes categorías nas que xogan equipos galegos xa están dispoñibles para ser gozados por todos os afeccionados.
💥 ¡E queremos compartir con vós unha gran nova! Máis de 10.000 persoas xa están rexistradas en tiivii sports, apostando por unha nova forma de vivir a emoción dos seus equipos favoritos.
¿Por que tiivii sports é a solución para consumir deporte local?
Non é só unha plataforma de streaming, é un sistema de produción automática impulsado por Intelixencia Artificial que permite optimizar os custos de produción e así, poder emitir centos de partidos que se xogan en multitude de recintos sen ter que enviar persoas aos mesmos.
🔹 Producción sen operadores humanos: A IA manexa as cámaras nos estadios, capturando cada xogada sen intervención manual.
🔹 Retransmisión automática en directo e en diferido (VOD).
🔹 Experiencia mellorada para o espectador:
- ✅ Miniaturas de vídeo para atopar rápidamente os momentos chave.
- ✅ Marcas de xogadas destacadas para non perder o mellor do partido.
- ✅ Posibilidade de retroceder en directo se chegas tarde.
- ✅ Previsualización en vídeo de cada partido.
🚀 ¡E isto só é o comezo!
¿Es parte do ecosistema deportivo?
Temos un modelo de negocio para ti. Se es unha federación, clube, canle de televisión ou operador de telecomunicacións, tiivii sports ofréceche unha oportunidade única para integrar contido local dentro dos teus servizos.
📩 ¿Queres probalo?
Escríbenos a través de correo electrónico a comercial@cinfo.es e axudarémoste a descubrir o futuro do streaming deportivo.
🔗 Podes ver todos os partidos en https://tiivii.gal ou ter máis info da RFGF en: https://go.tiivii.com/tiiviisports