Arrincamos a semana con boas noticias: superamos os 100 clubs que asinaron o seu compromiso co proxecto e autorizado as emisións.
O sistema xa está instalado en máis de 60 campos e pavillóns de Galicia e o resto de campos están en proceso de instalación. Temos sitio na versión 1 do proxecto para 150 clubs así que se aínda non asinaches é tempo xa de facelo. Por agora temos clubs de fútbol campo, fútbol sala, baloncesto, balonmán, hóckey e voleibol, en categorías masculina e feminina.
Ademais dos clubes, máis de 50 concellos de toda Galicia asinaron unha carta de apoio ao proxecto e cederon as súas instalacións para a instalación do sistema de cámaras automático e do software de intelixencia artificial de cinfo que se encargará de facer as emisións dos partidos de forma automática. Seguimos traballando para que ningún club quede sen o sistema por motivos de permisos municipais. Tamén estamos a traballar cos operadores de telecomunicación para que todos os campos poidan emitir con garantías.
Como sabedes, esta plataforma de streaming é gratuíta para todos os usuarios e para os clubes. Dispoñerá de páxina web, apps para móbiles e apps para smart TVs e empezará as súas emisións en probas a primeiros de outubro. Segundo vanse instalando sistemas tamén se está activando as producións e xa hai moitos partidos gravados. No seu momento anunciaremos a “inauguración” oficial do proxecto cando todos os sistemas estean a punto.
Esta semana pasada déronse charlas de formación en varias cidades de Galicia. Se queres recibir unha charla de formación persoal sobre o uso do sistema, non tes máis que solicitalo a través do noso formulario de contacto.
A través desta televisión por internet, imos fomentar o deporte non profesional, axudar aos adestradores e facilitar a os clubs obter novos recursos económicos. Ademais, lembrade que o 50% dos beneficios o proxecto compártense coas Federacións asinantes.
Aquí deixámosvos algunhas imaxes das instalacións efectuadas: