- O obxectivo do proxecto é atraer recursos económicos ao deporte autonómico, agrupando nunha única plataforma multimedia todo o deporte galego. A RFGF é a primeira Federación en sumarse á iniciativa.
- O proxecto cubrirá, nunha primeira fase, 51 campos de fútbol e 53 pabellóns nos que 123 clubes de fútbol e fútbol sala emitirán máis de 1.250 partidos ao año, tanto en deporte masculino coma feminino.
- O centro de producción ubicarase no CSA da Cidade das TIC e fará uso intensivo da intelixencia artificial de Cinfo
- As produccións serán híbridas de forma ca realización poderá ser automática ou manual asistida por intelixencia artificial. En cada campo instalaranse 3 cámaras e sensores para capturar o marcador. O proxecto busca tamén dotar aos campos de comunicacións 5G para facilitar as emisións.
- O proxecto está aberto a outros deportes coma Baloncesto, Balonmán, Hóckey patíns e Voleibol. Con eses deportes alcanzaríanse 130 campos e 3.000 partidos ao ano.
- O proxecto conta co apoio do IGAPE-Xunta de Galicia a través do programa Centros Dixitais
A Coruña 10 de xuño 2024
A RFGF e Cinfo anunciaron no congreso “O Camiño do Futgal” celebrado en A Coruña esta fin de semana que veñen de firmar un acordo para lanzar na tempada 24-25 a televisión do deporte autonómico galego.
A televisión do deporte autonómico galego é unha plataforma de televisión por internet que permitirá a tódolos afecionados ao deporte ver aos seus equipos locais. A televisión do deporte galego estará dispoñible vía apps de dispositivos móbiles, de Smart TVs, en Android TV e en navegadores. No servizo de navegadores disporá ademais de servizo multicámara e de vista táctica para adestradores.
Con este acordo, 123 equipos galegos, tanto masculinos coma femininos, que xogan nas ligas autonómicas de fútbol e fútbol sala estarán dispoñibles nunha única plataforma onde tódolos afecionados poderán fácilmente localizar o encontro dos seus clubes favoritos. A RFGF reúne máis de 110.000 fichas federativas que recibirán este servizo de forma gratuíta.
A emisión dos partidos utiliza o sistema de Intelixencia Artificial e de producción na nube de Cinfo que permitirá emitir tódolos partidos minimizando o custo e sen baixar a calidade, xa que os eventos poderán ter locución, repeticións, marcador e todo o preciso para ter unha producción atractiva. O centro de producción e control instalarase no CSA da Cidade das TIC.
As Ligas seleccionadas pola RFGF son a preferente Galicia de fútbol masculina, a 1ª división liga galega feminina e as preferentes masculina e feminina de fútbol sala.
Esta plataforma será gratuita para tódolos afecionados e está aberta ao resto de clubes e federacións de Galicia para que poidan emitir as súas ligas e crear unha comunidade do deporte galego ao redor desta televisión.
O proxecto ten un modelo cooperativo. Os propios clubes poderán xestionar o seu inventario de publicidade e incluso ter os seus propios locutores, con presencia en pantalla.
Máis información en marketing@cinfo.es